Skip to main content
Palas de Rei

Altri asegura que a planta en Palas non cambiará as condicións do río Ulla

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

Altri, a través da súa marca Greenfiber, retiera que a súa planta en Palas de Rei non cambiará as condicións do río Ulla. En relación ás comparacións do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto GAMA e do estudo de Ence do ano 2017/2018, sinalan que non se poden comparar dous informes elaborados con 6 anos de diferenza e para proxectos completamente diferentes. De feito, sosteñen que a tecnoloxía de “filtración por membranas” que Greenfiber vai aplicar no proxecto GAMA , non existía na industria en 2017, xa que foi aplicada por primeira vez na planta de Biotek en 2018.

Unha tecnoloxía que permitiu que Biotek utilice 15 m3/t de auga mentres que o volume da outra fábrica referenciada no citado estudo é de 30 m3/t. Por iso GAMA estará moi por baixo de valor, non sendo comparables os proxectos. O proxecto GAMA é resultado da innovación e integra tecnoloxías que non reúne ningún proxecto industrial deste sector no mundo a día de hoxe.

Dende a empresa aseguran que son referentes mundiais no uso da auga. Na súa fábrica de Biotek, única a nivel mundial que recircula efluentes, o uso específico de auga rolda os 15 m3/t. Defenden que os datos presentados no informe de 2017 non son actuais, xa que a tecnoloxía que se utilizará en GAMA, que supón un investimento de 80 millóns de euros, permitirá obter un efluente cunha calidade non comparable á que se obtén con tecnoloxías anteriores e que ademais será devolto ao Ulla.

Esta tecnoloxía permitirá, recalcan, que o uso específico de auga na fábrica de Greenfiber en Pas sexa aínda moito máis inferior ao valor actual de Biotek. Neste sentido, a compañía incide, ademais, en que no estudo detállanse as porcentaxes de diminución que son inferiores ao 1 % durante 9 meses ao ano, entre o 1-2 % nos meses de xuño-xullo e o 2 % nos meses de agosto e setembro.