Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei oferta un campamento e un campo de traballo internacional para este verán

Por 20 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Palas de Rei terá este verán, na zona de acampada dos Chacotes, un novo campamento para xente nova de ata 12 anos con diferentes actividades para desenvolver. A actuación, programada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude terá lugar nas diferentes quincenas dos meses dos meses de xullo e agosto e participaran xente nova de toda España.

Así mesmo, tamén promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, haberá un novo campo de traballo internacional na última semana de agosto e na primeira de setembro. O alcalde, Pablo Taboada, agradece aos responsables da Dirección Xeral de Xuventude as programacións que se desenvolven cada verán no Campamento dos Chacotes orientadas aos máis novos e que ofertan a posibilidade de coñecer Palas de Rei de cara a xuventude do exterior.

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, ata o 30 de abril, para solicitar praza en campamentos e campos de voluntariado neste verán. As solicitudes deberanse facer mediante a sede electrónica da Xunta. A campaña de verán da Xunta, baixo o lema “o teu mellor verán”, oferta diversas actividades para a mocidade de entre 9 a 30 anos. Para máis información, poden consultar na web xuventude.net