Skip to main content
Ribeira de Piquín

Ribeira de Piquín pon en marcha a oitava edición do seu Festexo da Troita

Por 13 Abril, 2024Abril 14th, 2024Sin comentarios

Ribeira de Piquín pon en marcha a oitava edición do seu Festexo da Troita. A cita será o vindeiro sábado 11 de maio. O programa comezará o sábado ás 7.30 horas coa concentración de pescadores  na praia do Chao para dar comezo ao concurso a partir das 9.00 horas.

O xantar da irmandade terá lugar ás 15.30 horas. Os asistentes poderán gozar dun menú a base de polvo, xamón cocido, troita, sobremesa, bebidas e café. Seguiralle a publicación de resultados e a entrega de trofeos e a churrascada de balde a partir das 22.30.

Haberá sesión vermú e verbena con Kalima 3.0. Os tíckets para a comida, que ten un custo de 30 euros, xa están á venda. Os interesados poden facer a súa reserva a través dos número 722 452 651, 687 249 687 ou do 680 633 393.