Skip to main content
Monforte

‘Colección Romántica’ presentarase no Ateneo Casino de Monforte o vindeiro 26 de abril

Por 9 Abril, 2024Abril 30th, 2024Sin comentarios

Os músicos David Taboada e Sergio Alba, presentan en Monforte ‘Colección Romántica’, un espectáculo que busca crear unha experiencia emocional co público inspirada pola música, a través dunha coidada selección de temas.

Ambos músicos, que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical, idearon este proxecto buscando a conexión co público nun formato intimista de voz e piano.

A cita, no Ateneo Casino de Monforte o venres 26 de abril ás 20.30 horas, será a segunda na que estarán na Ribeira Sacra, xa que no mes de marzo o Círculo Saviñao tamén acolleu un concerto deles.