Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAFolgoso do Courel

As persoas que participen da nova ruta proposta por Coureleando poderán ver as Lagoas de Trevinca

O vindeiro sábado, 27 de abril, Coureleando propón unha nova ruta, concretamente a PR-G-200 das Lagoas de Trevinca, que será guiada polo técnico deportivo Guillermo Díaz, xunto coa TD1 en prácticas, Mariluz Alonso.

As ruta é circular e de dificultade media-alta, de 15 km e de menos de 1.000 metros de desnivel, tanto cara arriba como cara abaixo e a duración será de arredor de 7 horas.

Pola súa parte, as persoas que participen sairán desde A Ponte cara ás lagoas glaciares de Ocelo e da Serpe, podendo desfrutar das vistas aos vales glaciaros do río Xares e do río Bibei, e á Serra ddo Eixe dende o alto do Fial.

O punto de encontró será ás 09.40 horas no albergue Terras de Trevincia na Veiga e ás 10.00 horas na Ponte, na entrada fronte á igrexa.