Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAChantadaDeportes RIBEIRASACRAXA

A XIII Carreira Popular de Chantada desenvolverase o vindeiro 18 de maio

Por 29 Abril, 2024Abril 30th, 2024Sin comentarios

O vindeiro 18 de maio, sábado, celébrase a XIII Carreira Popular de Chantada, ’10km no corazón’, organizada por Atletismo Chantada como cada ano. Esta proba forma parte do X Circuíto Miño-Ulla de Carreiras Populares do GDR Asociación Miño Ulla e o Concello de Chantada tamén colabora.

O ano pasado celebrouse tamén esta carreira, que congregou máis de 500 persoas participantes, que percorreron as rúas de Chantada durante 10 quilómetros, mentres que os veciños e veciñas desfrutaron de diferentes actividades para adultos e pequenos, como postos de música e hinchables.

As persoas interesadas en participar desta edición xa poden inscribirse na páxina de CCNorte ata o vindeiro mércores 15 de maio ás 23.59 horas.