Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

O primeiro Torneo Quiroga Volei celebrarase este sábado no pavillón municipal

Por 17 Abril, 2024Abril 18th, 2024Sin comentarios

Este sábado, 20 de abril, celebrarase o primeiro Torneo Quiroga Volei no pavillón municipal, un torneo amistoso organizado dende o Quiroga Volei nas categorías Infantil, Cadete e Xuvenil.

O torneo comezará ás 9.30 horas con enfrontamentos entre os equipos do Quiroga Volei, o Ribeira Sacra e o San Martiño Dompa do Barco e ás 12.30 horas xogarase a final do torneo na categoría infantil.

Os equipos do Quiroga Volei nas súas dúas categorías: infantil e xuvenil, veñen de rematar a tempada sendo campioas dos seus respectivos grupos nas provincias de Lugo e Ourense. Ademais remataron a tempada sen perder nin un só partido.