Skip to main content
Monforte

Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda

Este sábado tivo lugar a presentación do libro ‘Despertar en la oscuridad’ de Adrián Enríquez, veciño de Bóveda, onde se presentou a obra nun acto presentado pola concelleira de Cultura e Ensinanza, Cristina Juiz.

O libro divulgativo sobre a súa mental está baseado na súa propia experencia coa ansiedade e ofrece unha perspectiva comprensiva sobre a saúde mental, abordando tanto os trastornos comúns como as súas sintomatoloxías.

O autor explora a importancia da empatía e a comprensión no proceso de recoñecemento dos problemas mentais, axudando aos lectores para desenvolver habilidades para abordar estes desafíos de maneira efectiva.

A actividade forma parte da programación do Concello de Bóveda con motivo do Mes dos Libros.