Skip to main content
Monforte

Raquel Arias lamenta que o Concello de Monforte non pida crear unha Unidade de Atención Temperá

A deputada autonómica pola provincia de Lugo, Raquel Arias, lamenta que o Concello de Monforte de Lemos “se negue” a pedir a axuda da Xunta de Galicia para crear unha Unidade de Atención Temperá, sendo, en consecuencia, “o único municipio da comarca sen este servizo e provocando, con elo, que moitas familias se vexan obrigadas a ir a outras localidades limítrofes para poder beneficiarse deste servizo que o Goberno autonómico pon a disposición das entidades locais”.

Para a popular resulta “inxustificable” que o rexedor socialista ignore as 1.000 sinaturas que demandan a creación de servizo que, ademais, da prestación que ofrece, está sufragado polo Goberno de Alfonso Rueda, a través da consellería de Política Social e Igualdade.

“Non podemos entender como un alcalde pode renunciar este tipo de axudas que van destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas. O Sr. Tomé nin pensa nos monfortinos, nin lle interesa facelo. Estanllo pedindo e mira para outro. A Xunta ofrécello e mira para outro lado. Dende o Grupo Parlamentario Popular lamentamos que o alcalde de Monforte teña tan pouca sensibilidade e vontade política”.