Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar do II Rally Regularidad Vila de Sarria

Por 4 Abril, 2024Abril 8th, 2024Sin comentarios

Xa está aberto o prazo para inscribirse no II Rally de Regularidad Vila de Sarria organizado polo Club Clásicos de Sarria e que se desenvolverá o vindeiro 4 de maio, coincidindo tamén coa Pretorian Sarria Extreme e a XXVII Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro.

Desta maneira, os amantes dos coches clásicos e do motor poderán apuntarse ata o vindeiro 29 de abril nunha edición na que se percorrerán 150 km polas vías da comarca de Sarria cos coches clásicos dos participantes.

Nesta edición quíxose xuntar tres eventos memorables na vila e na comarca de Sarria para fomentar unha xornada “única e máis grande”, poñendo en valor o sector cultural sarriao.

A foto da portada é de Lucía Rodríguez