Skip to main content
O Incio

Guezos é a terceira confirmación do Festival Terra Brava do Incio

Por 3 Abril, 2024Abril 4th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Festival Terra Brava que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de agosto no Incio acaban de anunciar a terceira confirmación dun grupo que actuará no evento.

Este será Guezos, unha banda nada en 1999 en Ourense como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. Pero despois de 10 anos de directos, percorrendo grandes e pequenos festivais da xeografía galega, Guezos chega ata o día de hoxe cun directo máis enérxico, alegre e contundente que nunca no que ritmos como o rock, a rumba, o reggae ou o funk mestúranse á perfección co folk.

Ademais, en 2009 edita “Oito Destinos”, disco que recolle as múltiples influencias do grupo, tocando paus tan dispares como o reggae, valse, rumba, folk e rock.