Skip to main content
Láncara

A enfermidade do alzhéimer será o tema principal dunha charla que se impartirá este xoves en Láncara

O antigo centro médico de Láncara acolle unha formación sobre a enfermidade de Alzheimer este xoves, 11 de abril, de 16.00 a 18.00 horas.

Os organizadores son a Confederación Española de Alzheimer e outras demencias (CEAFA) e Cinfa, coa colaboración do Concello de Láncara.

Na mesma informarase dos recursos sociais e servizos que existen actualmente para as persoas que padecen a enfermidade de Alzhéimer e charla está dirixida aos coidadores de persoas con Alzhéimer e outras demencias, e a todas as persoas que están relacionadas e interesadas co tema.