Skip to main content
Paradela

O polígono industrial de Paradela podería quedar urbanizado ao rematar as obras do aparcadoiro

Por 7 Abril, 2024Abril 8th, 2024Sin comentarios

O polígono industrial de Paradela está a piques rematar de ser urbanizado pola Deputación de Lugo despois de comezar o aparcadoiro de 42 prazas, unha obra que levará arredor de dous meses e que contará cun presuposto de 130.000 euros.

Este aparcadoiro terá unha extensión de 1.720 metros cadrados e para a súa posta en funcionamento a empresa Oligalia Contratas deberá demoler un muro de mampostería, retirar terra, facer desmonte, escavar pozos e colocar tubos para a canalización da auga e sumidoiros. A isto débeselle engadir os traballos de pavimentación e sinalización do aparcadoiro.

Unha vez finalizada toda a urbanización do polígono, que comezaron xa no 2011, este será entregado ao Concello de Paradela, aínda que as parcelas do mesmo serán propiedade da Deputación, encargada da súa venda.