Skip to main content
Paradela

A Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas estará en Paradela o 10 de abril

O vindeiro 10 de abril  a Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas achegarase a Paradela, concretamente no Mercado gandeiro en horario de 9.30 a 14 horas.

A secretaria xeral de Emigración foi a encargada de poñer en marcha este programa de atención ás persoas emigrantes retornadas co obxectivo de promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, cubrindo as necesidades de atención en todas aquelas áreas ou concellos que teñan máis dificultades para acceder ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas.

Así, este servizo realizarase na oficina móbil que contará con persoal técnico da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.