Skip to main content
Sarria

O alumnado do colexio do Incio acolleu unha actividade de iniciación ao voleibol

Por 17 Abril, 2024Abril 18th, 2024Sin comentarios

O alumnado do colexio do Incio acolleu unha actividade de iniciación ao voleibol coa presenza de Carolina Camino, xogadora do Arenal Emevé e da Selección Española; Aurelio Rodríguez, xogador do Arenal Emevé; Yoraxi Meleán e Manolo Martínez, representantes do Club de Volei Ribeira Sacra.

Dende o Club Ribeira Sacra, organizadores da actividade, animan aos nenos e nenas do Incio a asistir ás xornadas de portas abertas que se celebrarán os martes e xoves do mes de maio de cinco a seis e media da tarde na Área Polideportiva da Pinguela, en Monforte.

Estas iniciativas serven para desenvolver as capacidades físicas do alumnado, así como forman parte do ocio de moitos nenos e nenas que viven no municipio.