Skip to main content
Sarria

Sarria acolle a XXVII edición da Feira de Antigüidades e Restauración os vindeiros 4 e 5 de maio

Os vindeiros 4 e 5 de maio celébrase en Sarria a XXVII edición da Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro de Sarria, na que a exposición de obxectos antigos e a artesanía serán as protagonistas.

Así, como todos os anos, haberá exposicións e demotracións de bonsais, así como de cerámica, talla, costura creativa e bolillos en diferentes postos que estarán abertos pola mañá e pola tarde.

Aínda sen confirmar, espérase que haxa tamén actuacións musicais pola vida para amenizar a xornada ás persoas interesadas en achegarse a desfrutar desta tradicional feira.

Ademais, este ano, igual o anterior, a Feira coincidirá co desenvolvemento do Rally Regularidad organizado polo Club Clásicos e, este ano, como novidade, tamén coincidirá coa carreira Pretorian Race, xuntando así tres grandes eventos que farán que a vila se encha de xente.