Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Vilalba acolleu o primeiro aberto de billarda cun gran roscón de premio

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

Por Daniel Rodríguez Saavedra

Non era a primeira, e de seguro non vai ser a última vez que a serpe multicor da LNB invada as terras que viron nacer ó home-balea que un día se bañou nas augas atómicas de Palomares. Precisamente fai unhas semanas o auditorio dista devandita vila luguesas acollía a estrea galega da espectacular montaxe teatral en formato biopic titulado Iribarne, un percorrido pola traxectoria vital dirixido pola autora e actriz galega Esther Carrodeguas do que fora ministro e man deiritísima do caudillo de Ferrol e posterior presidente-fiurer da Xunta de Galicia, unha época esta de terror e apocalipse folclórica que para que nos entenda a xeración Z, é como estar emitindo 24 horas Luar na Galega e nos altofalantes das rúa, non se podía durmir nin reunirse máis de 6 persoas se non era para unha churrascada, comer o polbo ou tomar o vermú o día da festa…. froito desa presión psicosocial en pleno Fraguismo un grupo entolecido de xente decide atizarlle unha estela máis ó lume interior que ardía en cada un e por marcha o gran proxecto chamado LNB .

Co campo da feira preparado para a acción, as palanadoras e palanadores da LNB comezaron a quentar boneca e inxerir os primeiros grolos de auga e cervexa fría baixo un espectacular sol que anunciaba unha gran tarde de tralla brava. Non era para menos, a organización do Aberto non dubidou en chamar a grúa municipal para sacar un coche que estorbaba para o inicio das hostilidades…. e así foi. Coa pista libre comezaron as billardas a bruar na capital chairega , un son billardeiro que se mesturaba coa musica do Dj Capón a pé de pista e co rillar dos xogadores nos exquisitos petiscos de Roscón cos que a organización agasallou a todos dos participantes.

Avanzaba o Torneo ó mesmo ritmo que o sol apertaba nas costas e nas gorxas dos xogadores que como formigas acodían prestos ó Bar Teyma ó carón da pista de xogo a mollar a verba hipnotizados polo voltexar do espectacular asador de pitos que se divisaba dende a barra. En terra de capóns bo era un pito asado… un trofeo que tan só puido ser soñado pola restra de esforzados da ruta que se achegaran á barra do Teyma a calmar a furia e a sede. Pero se algún se pregunta polas estrelas da billarda de Vilalba hai que dicir que claro que a LNB ten un gran referente, trátase de Demetrio o xoven palanador dos Troitas Bravas Billarda que dende fai un tempo ten a iste gran palanador vilalbés nas súas ringleiras, ademáis Demetrio é orixinario de San Simón da Costa, a parroquia onde se produce o exquisito queixo denominación de orixe, e que el foi un dos que puxo en marcha unha das primeiras queixerías da zona.

Situados neste punto, o Aberto desemboca nunha final entre dous titáns da LNB, o ribadense Daniel Rodríguez Saavedra dos Billardeiros Musicais e o todo poderoso Pablo Lobo Meiller de Castiñeiro Milenario, sendo este último, o palanador de Begonte o que se levou o Roscón grande coma gran campión diste Aberto na capital chairega que tivo a Dori de Billardeiros Musicais como terceira clasificada despois dun especular desempate á billarda máis longa.

O Roscón coma a billarda é un produto moi básico pero moi potente e ó igual que as Freces de Bretoña, o Lacón de Meira, O Coello de Remourelle, A Proa de Cabanas, Os Furanchos de Xil, O Pitu Caleya de Piarnu…. son universos paralelos ou distintas caras da mesma moeda, un explosivo Bitcoin Billardeiro que exemplifica á perfección que se alguén quere billarda coma fixeron estes irmáns de Vilalba, que poñan un prato ou xerro encima da mesa e aí estará a Auténtica Billarda.