Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Raquel Queizás estará este sábado na Casa Museo de Manuel María

Por 10 Abril, 2024Sin comentarios

Este sábado, día 13, ás 17 horas, Raquel Queizás leva á Casa-Museo Manuel María Travesías, un espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques dirixido para as crianzas, a partir de catro anos, e as súas familias.

Raquel Queizás proporá ao público asistente unha viaxe de aventuras en que se coñecerán mulleres e nenas bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Mozas decididas e resoltas que protagonizan uns contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia.

Raquel Queizás é actriz, monicrequeira e sobre todo contadora. Con máis de vinte anos no mundo da narración oral o seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recanto, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, facendo parte das súas historias.

As persoas interesadas en asistiren, poden reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través de whatsapp 698177621