A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará entre o 12 e o 15 de abril no Concello das Pontes, para atender a todos os veciños do termo municipal.
A atención ao público será entre as 9.00 e as 13.30 horas e de 15.15 a 18.00, agás o día 15, que será só de mañá.
A unidade estará situada no aparcadoiro do Centro de Interpretación da Mina.
Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.