Skip to main content
As Pontes

As Pontes acomete a renovación da avenida das Campeiras

Por 11 Abril, 2024Abril 12th, 2024Sin comentarios

O Concello das Pontes acometerá as obras de renovación urbana da avenida das Campeiras, un proxecto cun orzamento de 112.041,49 euros procedentes da Deputación da Coruña.

O obxectivo deste proxecto é a renovación dos servizos urbanos de saneamento e pluviais, a iluminación pública na marxe esquerda do tramo da Avenida das Campeiras situado entre a intersección da rúa Covelos e o número 66 da citada avenida mentres que na marxe dereita, na que se renovaron os servizos públicos recentemente, procederase á instalación do cabreado de iluminación pública necesario.

En ámbalas dúas marxes realizarase unha obra de renovación do pavimento existente mediante baldosa de formigón granallado e procederase a instalación de novas luminarias públicas e reporase o mobiliario urbano. A obra rematará co pintado da sinalización viaria necesario.