Skip to main content
As Pontes

Black leva o mellor soul este sábado ás Pontes

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

Black actuará este sábado, 20 de abril no cine Alovi das Pontes  a partir das 20.00 horas dentro da súa programación cultural.

Black achegará a música Soul, esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos ouvir, na súa maioría , en vellas gravacións.

A través do espectáculo de Black Bigstage redescubriranse grandes clásicos de voces masculinas como Stevie Wonder ou Otis Redding e vibrarase lembrando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Nina Simone.

Black ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancións nacen, escríbense e interprétanse, da forma profundamente íntima regalándonos unha viaxe polas melodías do soul.