Skip to main content
As PontesComarca TERRACHÁXA

Comezan nas Pontes os cursos de capacitación para concellos da Transición Xusta

Por 20 Abril, 2024Sin comentarios

As Pontes inicia a formación para os despregados dos concellos afectos polo Convenio para a Trasición Xusta, firmado polo peche da central de Endesa. Deben estar inscritos na Bolsa de Transición Xusta.

O proxecto despregarase en 14 municipios con relación a Endesa: 11 da provincia da Coruña (Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño e As Somozas) e tres concellos da provincia de Lugo (Muras, Vilalba e Xermade).

As Pontes inicia en maio un ciclo de cinco cursos de capacitación para o desmantelamento de instalacións industriais, que consta de 200 horas cada un.

A primeira convocatoria é entre o 6 de maio e o 28 de xuño, e as seguintes serán do 1 de xullo ao 8 de outubro (en agosto no hai), do 14 de outubro ao 10 de decembro e do 13 de xaneiro ao 13 de marzo. Serán 12 días de formación teórica e 23 de practica. Para o primeiro caso haberá quendas de mañá e de tarde e as prácticas serán de 9.00 a 18.00 horas cunha hora de descanso ao mediodía.

As persoas interesadas poñen enviar as súas solicitudes de emprego ás empresas formadoras, SGS e Quirón Prevención así como ao Concello das Pontes.