Skip to main content
SarriaVilalba

O IES Peña Novo dá a coñecer a Plataforma de Diversidade Funcional de Sarria

Por 9 Abril, 2024Sin comentarios

O vindeiro 17 de abril o Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia que se imparte dende 2017 o IES Lois Peña Novo de Vilalba, realiza un encontro informativo aberto a aquelas familias interesadas en coñecer o traballo da Plataforma da Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria, colectivo que fomenta o contacto entre as familias con nenos con diversidade funcional, discapacidade ou necesidades especiais, e loita pola plena inclusión.

As familias crean esta plataforma para conseguir maior atención á infancia, esta rede de apoio orienta nos primeiros anos de vida o entorno do neno/a, e promove iniciativas de cara a conseguir un maior grado de atención á infancia e inclusión na comunidade, como por exemplo: Parques infantís inclusivos, coa adquisición de bambáns e balancíns adaptados entre outras actividades tanto de lecer, como formativas e culturais.

Para coñecer máis de preto o seu traballo poderase acudir o vindeiro 17 de abril ás 10:00 horas á Biblioteca do IES Lois Peña Novo de Vilalba.