Skip to main content
LugoXermade

A madeira coma arte: o Museo de Lugo inaugura unha mostra con 76 pezas de artesáns do torneado

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou no Museo de Lugo a XVI Exposición Itinerante de Madeira Torneada CONtornos. Trátase dunha mostra que conta con 76 pezas elaboradas por artesáns do torneado con distintas técnicas, madeiras e acabados que permite coñecer o traballo dos torneiros a través da súa creatividade e imaxinación.

Trátase dunha selección das pezas expostas o pasado setembro no XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade e que agora percorre Galiza para dar a coñecer o traballo en diferentes espazos culturais. A deputada de Cultura destacou o valor desta exposición que “amosa que o traballo da madeira é unha arte e, poder visitar estar obras nun espazo como o Museo de Lugo, demóstranos que os torneiros non son só artesáns, se non que tamén son artistas”.

Dende a área de Cultura e dende a Vicepresidencia da Deputación apostan “por conservar o legado de Galiza e dos nosos antepasados, poñemos en valor o seu esforzo e queremos que as xeracións futuras tamén poidan gozar destes sorprendentes traballos, todos feitos con coidado e paixón”, sinalou. CONtornos pode verse na última planta do Museo Provincial ata o 30 de abril.