Deportes
Lume BC e Helios BSC recuperan un clásico do béisbol lucense polo San Froilán
Os dous clubs volverán enfrontarse no Campo Municipal de Béisbol de O Ceao, con entrada libre
O Breogán tingue de celeste a Praza de San Marcos no acto de presentación do patrocinio da Deputación
A institución provincial destinará 500.000 euros ao club lucense na vindeira temporada e manterá a colaboración para promover o deporte e dar visibilidade ao tecido social da provincia
A SD Burela celebra os seus 60 anos cun programa centrado na súa historia
A Deputación de Lugo colaborará nas propostas, que inclúen a recuperación de camisolas históricas e a proxección de dous documentais
O Trail Ribeira Sacra celebra o seu décimo aniversario con récord de participación feminina e dorsais esgotados
A proba reunirá o 11 de outubro en Luíntra máis de 500 participantes de oito países e incorpora este ano as carreiras infantís TRS Rapaces e TRS Cativos
Máis de 16.000 persoas afrontarán os 23 obstáculos da Carreira ENKI na Coruña
A XIII edición da carreira celebrarase este sábado 17 de outubro con máis de 16.000 persoas inscritas e un percorrido no que todos os retos terán unha alternativa accesible
A Peña Ciclista Santa Marta recibirá 2.000 euros para impulsar as súas actividades deportivas en Ortigueira
A entidade organiza ao longo do ano probas como a Carreira Popular, a San Silvestre ou a carreira polos montes de Couzadoiro
Avanza na fase final a ampliación do polideportivo municipal de Barbadás coa colocación de muros e cúpula
Os traballos avanzan no novo espazo, situado sobre a antiga cuberta do edificio, que incluirá sala de actividades, sala de musculación e vestiarios
O programa 'Luz Pozo Garza' trae unha sesión gratuíta de ioga e pilates terapéutico a Ramirás o 7 de outubro
A actividade, dirixida a mulleres de tódalas idades, terá lugar no Centro Sociocultural O Picouto e enmárcase nunha iniciativa de promoción da igualdade
O Clube Voleibol Ribeira Sacra logra presenza na Primeira División en todas as categorías inferiores
Os equipos alevín e cadete conseguiron a clasificación no Torneo de Apertura, mentres que os conxuntos B infantil e cadete ascenden á Segunda División
A Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel reúne 250 participantes na súa primeira edición
Javier Janeiro e Elena Castro gañaron a proba de 16 quilómetros, mentres que Marta Rivera e José Antonio Orozco se impuxeron nos 10 quilómetros
O 24 de outubro celébrase a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo Memorial Quique Casanova
A xornada deportiva terá como escenario a praia fluvial do río Chamoso e contará con probas para todas as idades
O karate lucense destaca no Campionato Galego coa Escola Deportiva Shihan e o Club Dajankai
A Escola Deportiva Shihan liderou o medalleiro autonómico con 31 metais, mentres que o Club Dajankai acadou cinco medallas nas competicións celebradas en Ferrol
O equipo feminino sub-16 do Lucus Caixa Rural Galega proclámase campión galego de atletismo
As atletas lucenses impuxéronse con case 15 puntos de vantaxe sobre a Gimnástica de Pontevedra, mentres que o conxunto masculino rematou na quinta posición
Rayo Lugo FS: un equipo nado das ganas de xogar, competir e gozar do fútbol sala
O novo club sénior parte dunha iniciativa de Fernando Yáñez e Teresa López para reunir un grupo de amigos e aspira a gañar a liga e medrar nas próximas tempadas
A V Carreira Alfoz-Valadouro reúne centos de participantes nunha xornada de deporte e convivencia
Álvaro Pico Fernández e Lucía Abel Paz impuxéronse nas categorías masculina e feminina dunha proba que conecta as dúas vilas
A III Milla Urbana Lucus levará o atletismo ao corazón do San Froilán o 10 de outubro
A proba, organizada polo Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, reunirá competicións desde a categoría sub-8 ata a Élite e incluirá tamén unha Milla Popular
Iago Penalonga gaña o III Torneo de Xadrez da USC no inicio da nova tempada
A competición, organizada pola Universidade de Santiago en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez, reuniu xogadores na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo
Culleredo celebra este domingo o seu primeiro Día da Bicicleta cunha xornada de deporte e actividades
A cita comezará ás 11.00 horas na explanada xunto á ponte do Burgo e incluirá un paseo ciclista, exhibicións e un sorteo de agasallos
O campo da Ribela de Sarria estrea un novo videomarcador coa colaboración da Deputación de Lugo
A Vicepresidencia da institución provincial achegou 40.000 euros para financiar o equipamento, que conta cunha pantalla LED e un sistema multimedia
Beariz recibirá máis de 63.000 euros para transformar o seu antigo campo de fútbol nunha zona deportiva e de lecer
O Concello contará con esta axuda para recuperar un espazo en desuso, que xa conta con pistas de pádel operativas e sumará proximamente unha pista multideporte
A Escola Deportiva Shihan consegue unha prata na Liga Nacional Junior e Sub21
Roque Mazoy acadou o segundo posto no Kumite Sub21 -67 quilos nunha competición celebrada en Albacete
O Leyma Coruña presenta en Marineda City o seu novo equipo para a tempada
A presentación contou cunha exhibición de basket freestyle, a presentación dos xogadores e das novas equipacións e unha sesión de fotografías e autógrafos
O Ateneo de Ourense organiza un torneo de xadrez en memoria de Xosé Henrique Rodríguez Peña
A cita, homologada para o ELO Fide de partidas rápidas, disputarase o 10 de outubro no Espazo Xove e contará con inscrición gratuíta ata o 8 de outubro
Caballero valora o cambio de postura de Louzán e confía en que Vigo sexa sede do Mundial
O alcalde destaca que a ampliación de Balaídos permitirá cumprir o aforo esixido pola FIFA e sitúa o financiamento da nova Tribuna como o principal paso pendente




