Infraestructuras
O PP de Monforte pide un plan de mantemento de ríos e regatos antes das vindeiras choivas
O grupo municipal defenderá unha moción no vindeiro pleno para que Concello e Confederación Hidrográfica Miño-Sil inspeccionen e manteñan os leitos que atravesan a localidade
O BNG de Celanova respalda a petición veciñal dun paso soterrado para reconectar O Val con Mourillós
Unha recollida de sinaturas impulsada pola comunidade reclama unha solución a un problema de mobilidade que se arrastra desde a construción do enlace da AG-31, e que conta co respaldo do grupo municipal nacionalista
O polígono do Ceao contará con 117 novas prazas de aparcadoiro nun espazo municipal recuperado
O proxecto abrangue 5.096 metros cadrados e supón un investimento de 450.000 euros para mellorar o estacionamento e a mobilidade nesta zona empresarial de Lugo
ADEGA leva aos tribunais a ampliación do polígono industrial que afecta ás nacentes do río Rato
O colectivo ambiental reuniu máis de 200 doazóns coa campaña "Río Rato sen cemento" e xa conseguiu que o TSXG admita a trámite o recurso contra o Plan Parcial S5-I
A capela do Guioncho mellora os seus accesos coa colaboración da Comisión de Festas de Lieiro
Os traballos incluíron a limpeza das escaleiras, a colocación de grava e a plantación de especies de temporada
Rematan as obras de urbanización da praza do Barreiro nas Pontes
A actuación contou cun orzamento de 372.644,07 euros, financiado pola Deputación da Coruña
Campo Castelo e a Rúa Nova renovan o pavimento cun investimento de 174.530 euros
Os traballos comezan esta semana no centro histórico de Lugo e súmanse á reforma da rúa Milagrosa, que inclúe a renovación integral da rede de saneamento
O proxecto da nova Ponte do Malecón recibe máis de 500 alegacións
A maioría das reclamacións céntranse no contido da infraestrutura, con escritos presentados polo BNG, Esperta Monforte e Salvemos o Malecón, entre outros; agora os técnicos municipais analizarán as propostas
Comezan as obras para reforzar os terraplés da N-525 ao seu paso por Ourense
Os traballos, que se prolongarán durante arredor de dous meses, obrigarán a modificar a circulación na contorna do quilómetro 236,6 da vía, polo que se aconsella empregar un itinerario alternativo pola A-52
Cedeira inicia as obras de saneamento na rúa Moeche cun investimento de 88.809 euros
A intervención durará dous meses e permitirá separar a recollida de augas residuais e pluviais, ademais de renovar o pavimento e as beirarrúas
Taboada completa varias obras de mellora en Esperante, Cerdeda e Mato
As actuacións realizáronse en Vila, nas Tabernas e en Quinzán do Carballo mediante un convenio coa Deputación de Lugo
O PSOE de Xove destaca o acordo para arranxar a maioría das estradas municipais
A formación socialista lembra que a mellora da rede viaria era un dos seus obxectivos desde as eleccións municipais de 2023 e reivindica o seu traballo para contribuír a facela realidade.
Miño inicia a renovación da rúa Marismas en catro fases para reducir as molestias
Os traballos manterán a circulación nos dous sentidos e as prazas de aparcamento nas zonas onde non se estea actuando
Valdoviño ofrece formación gratuíta para coidar persoas con alzhéimer e outras demencias
A actividade celebrarase os días 14 e 15 de outubro no centro sociocomunitario e abordará desde os síntomas do deterioro cognitivo ata as técnicas de mobilización e o fomento da autonomía
Oleiros inaugura o Paseo Pepe Mujica coa participación da senadora uruguaia Blanca Rodríguez
O acto celebrarase o sábado 17 de outubro ás 12:00 horas na zona do Paraíso e contará tamén coa intervención do embaixador de Uruguai e de Lucía Topolansky por videoconferencia
A veciñanza de Pedra Loán reclama información sobre a reparación dun camiño deteriorado en Culleredo
Alternativa denuncia a falta de información sobre o proxecto e pide ao Goberno municipal que concrete as actuacións e os prazos previstos
O pavillón Arsenio Iglesias de Oleiros estrea pavimento e cuberta tras un investimento de 296.650 euros
A actuación en Santa Cruz mellora as condicións das instalacións deportivas para clubs, escolares e persoas usuarias e busca evitar as filtracións de auga
Veciños da Rúa da Fonte de Mondoñedo cuestionan o cambio de nome por Xosé Vizoso sen consulta previa
Os propietarios presentaron alegacións ao acordo municipal e propoñen homenaxear o artista con murais ou esculturas, ou ben dedicar ao seu nome outra vía ou espazo público
As Nogais recibirá máis de 230.000 euros para mellorar dúas estradas provinciais
As actuacións permitirán acondicionar treitos das vías LU-P-0707, entre Armesto e As Nogais, e LU-P-3702, que comunica este municipio con Lamas
A comarca de Ourense concentra máis dun terzo do tráfico que circula polas estradas provinciais
O Plan de Aforos 2025 revela que a vía do polígono de San Cibrao das Viñas é a de maior intensidade de circulación, con case 18.000 vehículos ao día
Navia de Suarna contratará por case 80.000 euros o proxecto para reconstruír a ponte sobre o río Navia
A infraestrutura da estrada LU-P-3501 derrubouse en xaneiro polas fortes precipitacións e a redacción do proxecto terá un prazo de execución de oito meses
Castro de Rei renova 59 puntos de luz con tecnoloxía LED en Ponte de Outeiro e Bazar
A actuación supón un investimento de 26.000 euros, financiado en gran parte cunha achega de 24.704,09 euros do Fondo de Compensación Ambiental, e permite mellorar o alumeado en varios núcleos destas parroquias
O BNG reclama que Meirás conte a historia da represión franquista e das vítimas
Néstor Rego pide revisar a declaración como Lugar de Memoria Democrática para dar protagonismo ao espolio, á represión e ao movemento que reclamou a devolución do pazo
Tres aeroxeradores levarán enerxía renovable ao Porto Exterior da Coruña cunha potencia de 19,8 megavatios
A Xunta autoriza a construción do parque eólico de Punta Langosteira, que producirá máis de 52.000 MWh ao ano e dará servizo ao complexo industrial e a outras empresas da dársena




