Medio ambiente
FerrolXa
Ferrolterra, Eume e Ortegal, en alerta amarela por fortes refachos de vento
O aviso estará activo este martes e obriga a extremar as precaucións ante un episodio que tamén deixará choiva e mala mar
Ollomao organiza unha excursión gratuíta ao Courel para descubrir o seu patrimonio e a súa cultura
A saída inclúe transporte, xantar e visitas á Granxa Gayoso Castro, á Fundación Uxío Novoneyra, á aldea de Seceda e á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital do Incio
O encoro de As Forcadas afronta o final de setembro con só catro hectómetros cúbicos de auga
O depósito situado en Valdoviño está ao 36% da súa capacidade segundo o último dato semanal do MITECO, mentres Ferrolterra mantén activada a prealerta por escaseza
Baños de Molgas acollerá o 6 de outubro unha xornada de demostración de maquinaria forestal e de xardinería
O encontro, aberto a profesionais e veciños, permitirá coñecer de preto os equipos que se empregan no monte e nos espazos verdes do municipio
O PSdeG reclama á Xunta que escoite a veciñanza de Abadín ante o proxecto da planta de biometano
Lara Méndez participou na protesta contra a instalación e defendeu unha regulación específica para este tipo de proxectos