12º Premios Martín Códax da Música: tributo á escena galega nunha gala de récord

Un Pazo da Cultura ateigado acolleu onte a entrega dos 12º Premios Martín Códax da Música, unha celebración da diversidade e do talento musical galego. Máis de 500 proxectos presentáronse á convocatoria e case 5.000 persoas votaron nas categorías públicas.
O acto, conducido por Lupe Blanco e Xisco Feijóo, comezou coas actuacións de Ailá e unha homenaxe á oralidade e á música tradicional. No tramo inicial foron premiados:
Metal e Heavy: Brutal
Canción de Autor/a: A Pedreira
Blues, Funk e Soul: Helena Egea
Electrónica: Rumia
No segundo bloque subiron ao escenario:
Rock e Punk: Os John Deeres
Músicas Urbanas: Nadie González
Música de Verbena: A Banda da Balbina
Clásica e Contemporánea: María Domínguez
Continuaron con:
Jazz e Improvisación: Orquestra Galega de Liberación
Pop e Indie: Sabela
Mundo e Mestizaxe: Fanfarria Taquikardia
Infantil: Brais das Hortas
E pecharon as categorías musicais:
Folk: De Ninghures
Tradicional: Faia
Bandas Popular: Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
Na categoría Artista Emerxente, con finalistas Ash Diz e Ulex, os aplausos foron para Paracetafolk, banda da Costa da Morte que debuta con arranxos propios.
Os Organistrum recoñeceron os cómplices da escena ao vivo:
Sala: Sala Rebullón (Mos)
Festival: Festas do Barrio de San Pedro (Santiago)
Comunicación: Cuac FM (A Coruña)
A noite terminou coa emoción do Premio Honorífico a Leilía, agrupación pioneira de cantareiras, homenaxeada por Xoán Allegue (Bodegas Martín Códax) e a directiva de Músicas ao Vivo. No seu discurso, Músicas ao Vivo apelou a reforzar a contratación de artistas galegos e garantir o acceso á cultura sen barreiras, lembrando tamén a Emilio Cao e Piti Sanz, recentemente falecidos.