9Louro, nova confirmación do Festival Verbena Fest de Sarria

A organización presenta o músico cunha descrición que destaca o seu carácter persoal e a súa aposta por un estilo propio
9Louro
11 Jun 2026

O Festival Verbena Fest, que se celebrará en Sarria os días 31 de xullo e 1 de agosto, vén de anunciar a incorporación do artista galego 9Louro ao cartel da súa oitava edición este verán.

A organización presenta o músico cunha descrición que destaca o seu carácter persoal e a súa aposta por un estilo propio: “Hai quen nace para seguir o camiño marcado. E hai quen decide facer o seu propio”. Natural de Muros, o artista compaxina a súa conexión coa rúa coa presenza sobre o escenario, e chegou á escena musical galega cunha proposta que busca romper moldes e afastarse das etiquetas.

9Louro é o proxecto persoal de Martín Louro, un mozo de 21 anos que en 2024 publicou o seu primeiro disco, titulado Nove Noves. A través de letras emotivas en galego e influencias do trap, o artista aborda temas como o desamor, a amizade ou a soidade, entre outros, construíndo unha proposta musical que combina frescura e identidade propia.

0.42904186248779