A acampada polo dereito á vivenda trasládase á Praza do Obradoiro e as concentracións convócanse noutras cidades

Os distintos colectivos baixo a Plataforma Galega Vivenda Xa están a convocar concentracións para esta fin de semana nas cidades galegas
acampada-obradoiro-santiago
1 Oct 2026

Decenas de persoas comezaron esta noite unha acampada na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para reclamar o dereito a unha vivenda digna e denunciar o que consideran unha situación marcada pola especulación e o negocio arredor dos alugueiros e da vivenda.

A mobilización foi convocada polo Sindicato Vivenda de Compostela, que acusa tanto á Xunta como ao Goberno central de non adoptar medidas suficientes para facer fronte ao problema do acceso á vivenda. As persoas participantes trasladaron o seu rexeitamento ao que cualifican de “especulación coa vivenda” e “rentismo”.

A iniciativa comezou arredor da medianoite deste xoves, cando os primeiros participantes decidiron instalarse na principal praza compostelá. Os convocantes agardan que ao longo desta noite se incorporen máis persoas á protesta e que a mobilización medre nos vindeiros días.

Os participantes explican que a acampada pretende aproveitar o impulso xerado tras o desafiuzamento de Maricarmen para reclamar condicións de vida máis dignas e situar novamente o acceso á vivenda no centro do debate público.

O Sindicato Vivenda de Compostela considera insuficiente o decreto sobre vivenda que está previsto debater este venres no Congreso dos Deputados. Por este motivo, a organización decidiu manter a protesta con carácter indefinido na Praza do Obradoiro.

Ademais, os distintos colectivos baixo a Plataforma Galega Vivenda Xa están a convocar concentracións para esta fin de semana. Así, xa se coñecen as convocatorias na Coruña, en Ferrol e en Lugo.

Na primeira, unha manifestación sairá do cruzamento da Rolda de Outeiro coa avenida das Conchiñas e rematará ante la Subdelegación del Gobierno a partir das 19.00 horas.

En Ferrol, a chamada realízase antes, concretamente ás 11.30 na plaza Amada García.

En Lugo, están a traballar na convocatoria, da que se sabe xa que será tamén o sábado ás 19.00 horas fronte ao Concello.

0.32253217697144