A Casa das Insuas acolle un campamento de nadal sobre medioambiente

GaliciaXa
Un ano máis terá lugar en Rábade unha nova edición da Insuascola da Nadal, un espazo de formación en mediambiente.
campamento nadal casa das insuas rabade portada
campamento nadal casa das insuas rabade portada
13 Dec 2021

Un ano máis terá lugar en Rábade unha nova edición da Insuascola da Nadal, un espazo de formación en mediambiente especial pensado e deseñado para as nenas e nenos de 6 a 12 anos de idade que se levará a cabo na Casa das Ínsuas.

Seguirase o protocolo Covid, primando as actividades no exterior, realizando actividades e formación ao aire libre dun xeito lúdico e divertido en grupos moi reducidos para garantizar as medidas preventivas. O campamento é de balde e as prazas son limitadas. 

As prazas están limitadas a 15 nenos e nenas que tratarán diferentes contidos como a arte viva, o xardín das froiteiras, a rebotica das ínsuas e un fin de ano tutifruti. O campamento será do 27 ao 30 de decembro de forma continuada entre as 10.30 e as 13.30 horas.

Os interesados en apuntarse poden facelo no teléfono 982 804 773 ou no correo info@galway.com

campamento nadal casa das insuas rabade
0.17616891860962