A Casa natal do Viejo Pancho acolle por primeira vez a presentación dun libro

GaliciaXa
A Asociación de veciños O Tesón promove na Casa natal do Viejo Pancho, a presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo
presentacion libro miscelanea mondonedo 1
presentacion libro miscelanea mondonedo 1
9 Xul 2021

A Asociación de veciños O Tesón promove o sábado 10, ás 20.00 horas, en Ribadeo, na Casa natal do Viejo Pancho, a presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo, de Xosé Isidro Fernández Villalba.

O libro conta cunha introdución de Félix Villares, o libro recolle ó longo das súas 262 páxinas diversos momentos da historia de séculos pasados en varios lugares da Mariña, entre eles, Ribadeo, de onde se pode especificar o tratamento dos anos da guerra civil ou o naufraxio, a comezos do século XIX, dunha lancha na ría co resultado de varias deceas de mortos.

No acto intervirán, a máis do autor, Pancho Campos, presidente de O Tesón, Fernando Suárez , alcalde de Ribadeo e Antonio Gregorio, secretario de O Tesón, destacando diversos puntos do libro, do autor e da edición.

Será a primeira vez que un libro sexa presentado na Casa natal do Viejo Pancho.

presentacion libro miscelanea mondonedo
0.1852970123291