A CHMS destina arredor de 112.000 euros á limpeza de residuos no encoro de Santo Estevo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) puxo en marcha unha intervención de mantemento no encoro de Santo Estevo cun investimento próximo aos 112.000 euros, orientada á retirada de arrastres e residuos sólidos acumulados na auga.
Os traballos, que xa comezaron, foron supervisados polo presidente do organismo, José Antonio Quiroga, quen explicou que “las actuaciones previstas, iniciadas el pasado lunes, tienen como objetivo la mejora de la capacidad hidráulica, la calidad ambiental y la navegabilidad del embalse de Santo Estevo, mediante la retirada de materiales acumulados en la lámina de agua”.
Segundo detallou, a acumulación de restos produciuse a raíz das choivas intensas rexistradas durante o inverno, que arrastraron árbores caídas, restos de madeira e outros residuos, moitos deles procedentes de zonas afectadas polos incendios forestais do pasado verán.
“Estas actuaciones se programaron después de los arrastres de las intensas lluvias del invierno, que provocaron importante presencia de árboles caídos, madera y residuos sólidos procedentes, en su mayoría, de las montañas afectadas por los fuegos del pasado estío y que tenían que haber sido retirados, en su momento, por la Administración competente en Medio Rural”, sinalou Quiroga.
As tarefas estanse a desenvolver no ámbito do dominio público hidráulico do encoro e inclúen a retirada de restos vexetais como pólas, troncos e árbores caídas, ademais de residuos urbanos. Os materiais están a ser recollidos mediante embarcacións lixeiras e medios manuais para o seu posterior traslado a xestores autorizados.
O punto de inicio dos traballos sitúase no embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, desde onde as actuacións avanzarán progresivamente cara a zonas augas abaixo.
O proxecto conta cun prazo de execución de aproximadamente mes e medio e busca mellorar tanto o funcionamento hidráulico como o estado ambiental do encoro.