A CIG esixe medidas urxentes para paliar os posibles colapsos de Urxencias no CHUS

O aumento asistencial crónico require unha revisión do plan funcional e un plan de continxencia para o inverno acorde as necesidades existentes
chus-santiago
17 Sep 2026

A CIG-Saúde Compostela- As Rías xa denunciara no mes de agosto a cronicidade da asistencia masiva e a falta de medios no servizo de urxencias do CHUS.

Servizo que mantén un plan funcional obsoleto consonte as necesidades asistencias, bloqueando equipos asistencias en fin de semana mentres se acumulan doentes nos corredores.

A CIG Saúde manifesta que as persoas traballadoras vense sometidas constantemente a situacións de estrés ante a elevada demanda asistencial a falta de medios e da súa previsión.

Para a CIG-Saúde é necesaria unha valoración multifactorial que dea resposta á causa da masificación do servizo de urxencias, que nestes últimos anos viu case duplicada a súa asistencia chegando a preto de 500 entradas diarias.

A CIG-Saúde ten claro, que uns dos principais factores e a situación de desmantelamento na que se atopa a atención primaria , sen o desenvolvemento do plan de recursos humanos e a implantación de axendas de traballo especificas para as diferentes categorías profesionais, que ven limitadas as súas competencias.

Outro factor son as listas de agarda no ámbito da atención especializada, sendo a área sanitaria de Santiago e Barbanza a área con maior tempo medio de espera cirúrxica e de probas de radioloxía, sen que haxa un plan dende a Xerencia para a diminución das mesmas.

Por iso, desde a CIG-Saúde Compostela-As Rías, demandan á Xerencia unha actuación inmediata na adopción de medidas que revertan a situación de masificación crónica no servizo de urxencias, para garantir unha asistencia sanitaria de calidade e se cumpra co deber de protección da seguridade e saúde das persoas traballadoras.

0.37629795074463