Sanidade
As unidades móbiles de doazón de sangue visitarán Pontedeume e Narón a próxima semana
A unidade estará o luns 9 na Alameda de Raxoi de Pontedeume e o mércores 11 xunto ao centro de saúde de Narón, con horario de mañá e tarde
Burela reúne a psicólogos de toda Galicia nas XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde
O encontro, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, desenvólvese entre o 5 e o 7 de novembro e aborda a sexualidade dende distintas perspectivas profesionais
GaliciaXa
Arzúa, Melide e Santiso reclaman unha conexión diaria de autobús cos hospitais de Santiago
Os tres concellos reiteran unha solicitude presentada en maio de 2025 á Xunta da que aínda non recibiron resposta e piden á Dirección Xeral de Mobilidade que explique os motivos
O PSdeG denuncia que o centro de saúde de Baralla quedou sen médicos dous días
O partido reclama medidas urxentes para recuperar a atención sanitaria e acusa o goberno municipal de desatender os problemas da veciñanza
O PSOE denuncia a falta de médicos nos centros de saúde do interior da comarca de Betanzos
A deputada Silvia Longueira reclama á Xunta unha solución para Curtis e outros municipios como Coirós, Irixoa e Aranga, onde asegura que os pacientes quedan cada vez con máis frecuencia sen facultativo
Ortigueira organiza un obradoiro sobre saúde do solo pélvico este venres
A actividade será impartida pola matrona Paula Sánchez no Centro Social de Santa Marta, entre as 16.30 e as 20.00 horas, e require inscrición previa
Miles de persoas maniféstanse en Vigo para reclamar máis investimento na sanidade pública
Os participantes corearon consignas contra a privatización dos servizos sanitarios, os recortes, as listas de espera e os problemas para conseguir cita médica
A Rede de Concellos contra o Cancro suma unha nova adhesión na provincia da Coruña cun festival solidario en Cedeira
O Auditorio acollerá este sábado, ás 20:00 horas, unha nova edición de 'Cedeira canta contra o cancro', con actuacións de artistas e grupos locais e entradas a cinco euros
A área sanitaria de Lugo licita por máis de dous millóns de euros reactivos e material para os laboratorios de anatomía patolóxica
O contrato terá unha duración inicial de dous anos e dará cobertura aos hospitais de Lugo, A Mariña e Monforte, cun valor estimado de 3,8 millóns de euros incluídas as posibles prórrogas
O BNG denuncia a falta de médicos no centro de saúde de Castroverde tras a xubilación dunha profesional
Iria Castro reclama á Xunta que cubra de inmediato a praza e alerta de que a única médica que queda debe asumir os dous cupos do municipio
GaliciaXa
O Consello da Xunta aproba o primeiro Plan galego de coidados paliativos pediátricos
Refórzase a atención domiciliaria, o seguimento dixital e o soporte clínico as 24 horas dos 7 días da semana mediante a coordinación de todos os niveis asistenciais e o 061
GaliciaXa
A Xunta mellora as retribucións e as condicións dos médicos residentes en formación e o persoal do Sergas
O Goberno galego dálle o visto e prace ao acordo unánime da Mesa Sectorial de Sanidade para a creación dun descanso compensatorio das gardas presenciais dos venres
O bus de doazón de sangue estará este sábado diante da Casa da Cultura de Neda
A unidade móbil de ADOS atenderá a veciñanza entre as 10.00 e as 15.00 horas. Neda rexistrou o pasado ano 19 doazóns por cada 1.000 habitantes, por debaixo da media galega
O BNG denuncia no Parlamento a falta de matrona en Ribadavia e os problemas de cobertura sanitaria no Ribeiro
A formación nacionalista reclama un plan de reforzo de persoal sanitario ante as xubilacións pendentes na comarca, onde denuncia tamén carencias nos centros de saúde de Cenlle e Beade
O centro de saúde da Fonsagrada mellorará a súa accesibilidade e climatización cun investimento de 169.000 euros
A Xunta licita as obras, que inclúen un soportal exterior, a renovación da fachada e a instalación dun sistema de climatización nas zonas comúns
GaliciaXa
A incidencia da gripe rexistra unha tendencia crecente en toda Galicia
As consultas de atención primaria aumentaron un 8,3 % respecto da semana anterior, rexistrándose tamén un lixeiro incremento do 1,5 % na taxa de ingresos
GaliciaXa
Preto de 5.000 persoas participaron nun ensaio clínico sobre a vacinación combinada de gripe e covid
O ensaio, que comezou o pasado sábado 17 de outubro, desenvólvese durante cinco fins de semana consecutivas nos 14 hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde
Eventos
Unha tertulia sobre diabetes en Mondoñedo promoverá hábitos de vida saudables
A actividade celebrarase o xoves 12 de novembro no Centro de Saúde de Mondoñedo, terá unha duración dunha hora e media e contará con prazas limitadas a un máximo de 15 persoas
Vegadeo organiza un obradoiro de autocoidado e benestar emocional para adultos
A actividade, impartida polo psicólogo Manuel Martínez Mántaras, comezará o 5 de novembro e constará de cinco sesións
Dúas charlas en Neda abordarán o alzhéimer e os coidados ás persoas enfermas
As sesións, impartidas por persoal técnico de Afal Ferrolterra, celebraranse os días 4 e 5 de novembro no centro cívico e requiren inscrición previa
Un TFM do Campus Industrial de Ferrol crea un kit impreso en 3D para previr lesións polo uso do teclado e do rato
Doralys Torriente Aguilar deseñou seis ferramentas ergonómicas para exercitar e fortalecer as mans, os pulsos e os antebrazos
Arredor dun cento de familias reclaman en Xove a cobertura inmediata da praza de pediatría
Segundo a Administración sanitaria, o Servizo de Pediatría do Hospital Público da Mariña está a asumir a atención e o seguimento dos nenos e nenas da localidade
Aproban un orzamento de 2,37 millóns para ampliar as urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
A actuación permitirá reorganizar os circuítos asistenciais, ampliando a capacidade de atención e habilitando novos espazos para os pacientes
Unha unidade móbil facilita hoxe a doazón de sangue en Narón
O vehículo de ADOS estará xunto ao Centro de Saúde en horario de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas










