A comisión de festas do Naseiro organiza unha cea o día 23
A comisión de festas do Naseiro, Viveiro, organiza unha cea baile para o 23 de abril ás 22.00 horas no campo da festa
13 Apr 2022
A comisión de festas do Naseiro, Viveiro, organiza unha cea baile para o 23 de abril ás 22.00 horas.
Esta festa será no campo de Naseiro e terá un menú de 25 euros con empanada, sopa de peixe, codillo asado, tarta xeada e sobremesas.
Ademais, a cea estará amenizada por Trío Tapyoka e DJ Tapy García.
Para participar é necesario mercar os tiquets antes do 15 de marzo aos membros da comisión chamando ao 669 302 211, 693 623 881, 686 807 780 ou 678 260 900.