A Deputación de Pontevedra retirará a sinatura de Leire Díaz do seu libro de honra

“Non podemos deixar pasar porque atinxe esta institución e a súa boa imaxe e porque nos abochorna como provincia e goberno", dixo Luis López
Luis Lopez
12 Jun 2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres que a Administración provincial retirará do seu libro de honra a dedicatoria asinada por Leire Díez.

Esta persoa, vencelleada ao PSOE e investigada pola súa implicación en diversas tramas que buscaban obstaculizar a acción da Xustiza, foi recibida con honores en abril do ano 2022 pola anterior presidenta da Deputación e actual concelleira de Vigo e presidenta do PSdeG, quen a convidou a asinar no libro de honra da Deputación con motivo da presentación dun selo sobre a Catedral de Tui cando Díez ocupaba o cargo de directora de Relacións Institucionais de Correos.

“Non podemos deixar pasar porque atinxe esta institución e a súa boa imaxe e porque nos abochorna como provincia e goberno. Á vista do xa coñecido e á marxe dos procedementos xudiciais en marcha non merece estar nin un minuto máis entre as persoas que si nos honraron coa súa presenza nesta casa”, explicou López.

0.38866686820984