A mostra Galicia a un paso de ti, pode visitarse ata o 16 de outubro

A mostra Galicia a un paso de ti, pode visitarse ata o 16 de outubro da man da AFundación e consta en total de 216 instantáneas
mostra galicia un paso de ti
8 Sep 2021

Máis de 100 imaxes da exposición Galicia a un paso de ti, na que o fotógrafo Adolfo Enríquez retrata a natureza e o patrimonio histórico de Galicia, poden visitarse en Lugo ata o vindeiro 16 de outubro da man de Afundación. 

A mostra de Turismo de Galicia xira arredor de tres piares fundamentais: natureza, patrimonio e Camiño de Santiago. As 104 imaxes expostas en Lugo, 31 delas tomadas nesta provincia, son unha mostra representativa de todo o esplendor do territorio galego. 

A exposición consta en total de 216 instantáneas que permiten descubrir a Galicia interior bañada por mil ríos, as súa praias e os seus parques naturais, pero tamén das rutas xacobeas e a zona histórica de Compostela ou monumentos como a Muralla de Lugo ou da Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, ademais dunha multitude de imaxes das da gastronomía, das festas ou os costumes conservado ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade. 

O fotógrafo Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965) empezou na fotografía aos 14 anos ata converterse nun nomeado profesional cunha gran paixón polos escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia.

0.1291561126709