A Rede Museística presenta unha programación ligada ás mulleres rurais

A Rede Museística desenvolverá nos vindeiros tres meses un amplo programa artellado ao redor da idea de visibilizar a través da arte
programa mulleres rurais lugo rede museistica
28 Sep 2021

A Rede Museística desenvolverá nos vindeiros tres meses un amplo programa artellado ao redor da idea de visibilizar a través da arte a contribución das mulleres do rural á configuración da sociedade.  

O programa inclúe diferentes obradoiros e exposicións e que conta coa colaboración de artistas contemporáneas de diferentes disciplinas, así como do Instituto de Estudos Ulloáns.

A programación artéllase ao redor de tres proxectos: 

“RECOLECTORAS” MEMORIA E TERRA

No marco deste proxecto,  catro artistas de distintas disciplinas – Ana Gesto, performance; María Gar, artista gráfica e instalativa, Isabell Seidel, pintora e Andrea Torres, escultora -  percorrerán os concellos do rural para “conversar a partir da arte contemporánea coas mulleres que configuran o seu territorio e a súa memoria” e crear, a partir desa experiencia compartida, distintas propostas artísticas. 

Os obradoiros de creación que se desenvolverán durante os meses de outubro e novembro porán en primeiro plano a contribución das mulleres ao coidado, entendido de forma transversal,  como coidado das persoas pero tamén da contorna natural e do patrimonio material ou inmaterial, e tamén outros temas relacionados de cheo co rural como a despoboación dos concellos rurais, a reivindicación do sector agrario como base económica da nosa sociedade e a importancia dos nosos espazos naturais, ademais de visibilizar o traballo de mulleres artistas e propiciar o achegamento á arte contemporánea.

Os resultados mostraranse nunha exposición colectiva que se inaugurará a comezos de decembro e na que se amosarán as propias creacións, mais tamén os relatos que as inspiraron, o proceso de formalización e as persoas que se agochan tras delas. 

A  ULLOA. FOTOGRAFÍAS CENTRÍPETAS.

O 15 de outubro inagurarase na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a exposición de fotografía colectiva “A Ulloa. Fotografías centrípetas”, que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres vencelladas á Ulloa sobre o seu territorio. 

A mostra, comisariada por Susana Varela e Patricia Coucheiro ao abeiro do Instituto de Estudos Ulloáns, inclúe así imaxes que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca e que testemuñan o autorecoñecemento nas problématicas e riquezas qeu o  propio territorio ofrece aos seus habitantes.

PROXIMIDADE LLUNYANA

Baixo este epigrafe, enmárcase un proxecto que ten como obxectivo reunir fotografías e relatos relacionados coa migración das mulleres do rural a Catalunya durante o século XX, especialmente á provincia de Barcelona. Comezará o 18 de decembro de 2021.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13643908500671