A tradicional Feira das Maulas de Galdo volve a celebrarse o 7 e 8 de maio

A Feira das Maulas de Viveiro volve este ano a realizarse tralo parón, e celébrase como é tradición a segunda fin de semana de maio
1 Feira das maulas viveiro 2022
2 May 2022

A Feira das Maulas de Viveiro volve este ano a realizarse tralo parón da pandemia, e celébrase como é tradición a segunda fin de semana do mes de maio, 7 e 8 en Vilar de Abaixo na Feira de Galdo de Viveiro.

Esta feira é unha das feiras equinas máis antigas de Galicia que conta con máis de tres séculos de historia. Este ano a programación aínda non está pechada pero os anos anteriores os asistentes puideron gozar de actuacións musicais, degustar produtos derivados do porco e deleitarse cos concursos equinos programados.

O que si se sabe é que o sábado 7 ás 20.00 horas no antigo colexio das monxas de Galdo haberá unha proxeción do doumental Maula, 300 anos legalizadas de Paco Salgueiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10441899299622