A Valedora do Pobo admite a trámite unha queixa de Courel Vivo sobre a sanidade en Seoane do Courel

Entre as principais carencias sinaladas pola asociación destaca a falta dun médico fixo no centro de saúde
centro-de-saude-seoane-folgoso-do-courel
28 May 2026

A Valedora do Pobo vén de admitir a trámite a queixa presentada por Courel Vivo, na que alertan da situación que cualifican de “precaria” na atención sanitaria no municipio de Seoane do Courel.

Segundo informou a institución, solicitouse información á Consellería de Sanidade para analizar os problemas expostos polo colectivo. O departamento autonómico dispón dun prazo de 15 días para remitir os datos requiridos. A partir desa documentación, a Valedora estudará o caso e valorará as actuacións que, de ser o caso, poidan adoptarse.

Entre as principais deficiencias apuntadas pola organización figura a ausencia dun médico fixo en Seoane do Courel. Denuncian que a atención sanitaria limítase a “só tres días á semana e apenas catro horas ao día”, unha cobertura que consideran insuficiente para un municipio de montaña, cunha poboación envellecida e dispersa e afastado do hospital de referencia.

Ademais, desde Courel Vivo subliñan que o municipio é o único da área sanitaria que non conta con servizo de hospitalización a domicilio, a pesar de ser o máis afastado do centro hospitalario.

0.34030604362488