A voz dos alcaldes: Carmela López, alcaldesa de Burela

A alcaldesa analiza o seu percorrido político, os principais retos do municipio e debulla os proxectos cos que aspira a seguir transformando a vila de cara ás vindeiras eleccións
carmela-lopez-presidenta-da-deputacion-alcaldesa-de-burela3
23 Aug 2026

Explíquenos como se iniciou na política e como se vinculou ao seu partido.

Sempre tiven unha forte implicación en Burela a través das asociacións dende que son unha nena. Sempre entendín a política como unha ferramenta que axuda a mellorar a vida da xente e sempre me chamou e decidín dar un paso adiante cando se me propuxo. E ao PSOE porque comparto os seus valores de xustiza social, igualdade e defensa dos servizos públicos.

Como deu o salto para ser alcaldesa?

Foi un paso natural. Viña de ser concelleira e o anterior alcalde decidiu retirarse e propuxéronme para ser a alcaldable. Como tiña ganas e rodeeime dun equipo moi comprometido pois asumín a responsabilidade con moito respecto e ilusión.

A nivel persoal, que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello?
Supón menos tempo para familia e amizades, e incluso para unha mesma. Significa estar dispoñible as 24  horas. Pero vaga a pena.

E beneficios?

O maior é ver que o traballo consigue transformar Burela, melloras reais para os veciños. Creo que ir paseando e ver que un proxecto que tiñas na cabeza ou que costou moito sacalo adiante, se fixo realidade. Ou atopar a alguén que che de as grazas por solucionarlle o seu problema.

Cales son os seus obxectivos a nivel político?

Ser útil. Traballar con honestidade e escoitar moito. Que Burela siga avanzando.

E como Goberno de cara á próxima lexislatura?

Quero consolidar proxectos moi importantes, quero seguir mellorando os servizos públicos, atraer investimentos, quero traer empregos para que a xente vela a vivir, quero seguir facendo de Burela unha vila cómoda, accesible, atractiva, etc. Quero que os veciños estean igual de cómodos nas rúas, nas prazas e nos espazos públicos, que na súas casas.

Está a favor dos pactos para conformar un Goberno estable?

Estou a favor dos acordos cando serven para mellorar a vida da cidadanía. Creo que a política require capacidade para atenderse e sempre desde o respecto e poñendo por diante o interese xeral.

Cales son as principais liñas do seu programa?

Sempre defendín a accesibilidade, a mobilidade, mellorar os servizos públicos, apostar pola economía local, o deporte, a cultura, por un Concello próximo e que resolva problemas.

Cales considera que son as principais necesidades no seu concello?

A vivenda é un dos grandes retos, igual que seguir xerando oportunidades laborais e continuar mellorando infraestruturas. Pero para seguir co crecemento de Burela necesitamos que se poida vivir nela. Pero xa non so en Burela senón en toda a comarca en xeral.

De que proxectos se sente máis orgullosa?

Vénseme a cabeza a relación de postos de traballo. Sinto me moi orgullosa dese traballo colectivo que se fixo de vinte anos. Tamén da integración da unidade de drogodependencias ao Sergas, e temos que seguir en esa liña con atención temperá. Síntome orgullosa da inversión de outras administracións en Burela, como Costas do Estado, coa mellora na accesibilidade das praias, ou a inversión importantísima para a nova Edar.

Tamén estou moi orgullosa dos proxectos que fixemos na recuperación de espazos públicos. A accesibilidade para min é moi importante e conseguir que as persoas podan vivir na rúa, e pasear pola rúa con comodidade. E todos os proxectos que teñen que ver con iso, con parques accesibles, prazas, espazos, beirarrúas, cruces... O plan de mobilidade, para min, foi moi importante.

Aínda nos queda moitísimo por facer, pero está transformando Burela. Esa realidade, encántame. É un proxecto que desfruto moitísimo. Vendo todos os recunchos, e convertendo algúns espazos en zonas peonís, sendas verdes, facilitar a vida aos comercios, con esas paradas como ás das farmacias, estudar os carga e descarga e onde se poden colocar e os horarios, aparcamentos disuasorios ... Para min é un traballo moi estimulante.

Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcaldesa?

Que son unha persoa próxima, traballadora e accesible. Que me poden falar pola rúa igual que no despacho, que sempre vou intentar darlles solucións sempre que existan.

Como é a súa relación coa oposición?

Diría que canda un entende a política da súa maneira. Eu prefiro dedicar o tempo a resolver problemas antes que a crear polémicas.

 

 


EN CLAVE PERSOAL

  • Idade, estado civil e familiar
    44 anos, casada e nai de 2 fillos de 14 e 17 anos.
  • Profesión e formación
    Estudei informática pero traballei sempre na administración de empresas.
  • E se non fora alcaldesa que che gustaría ser?
    Gustaríame ser promotora de proxectos que transformen o territorio.
  • Que quería ser de maior?
    Quería ser mestra.
  • Que fai para desconectar?
    Saio polo paseo marítimo e polo monte a camiñar e correr.
  • Unha virtude e un defecto.
    Son moi positiva, e como defecto bastante auto existente, e tamén un pelín impuntual.
  • Un consello para compartir.
    Escoitar moito más do que falas.
  • Un libro.
    Estou lendo ‘Ciudad clickbait’ de Vicet Molins.
  • Unha película.
    La Vida es bella.
  • Un grupo de música.
    Baiuca.
  • Unha afección.
    Viaxar.
  • Un lugar que visitar.
    Cabo Verde.
  • Unha comida e unha bebida.
    Bonito de Burela e un viño da Ribeira Sacra.
  • Unha personaxe admirada.
    Nelson Mandela.
  • Unha posesión prezada.
    Fotos antigas da miña familia,
  • Un desexo.
    Que os meus fillos medren nun mundo un pouco mellor.
  • Algo para esquecer.
    Todas as inxustizas que se ven nos telexornais todos os días.
  • Que é o que máis valora nunha persoa?
    Que sexan honestos.
  • Como equilibra a vida pública e a privada?
    Intento aproveitar ao máximo cada momento.
  • Usa redes sociais e Whatsapp?
    Si, son ferramentas de traballo moi útiles.
  • Un desafío pendente.
    Conseguir que máis xente nova poida desenvolver o seu proxecto de vida aquí.
  • Onde se ve en cinco anos?
    Véxome en Burela e sendo alcaldesa, e traballando coa mesma ilusión e a mesma responsabilidade.

    .

0.33567094802856