A voz dos alcaldes: Raúl Soto, futuro rexedor de Nogueira de Ramuin

Raúl Soto, concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes dende hai 24 anos, tomará o relevo de Julio Carlos Temes á fronte do Concello
Raul Soto Martinez Concejal Nogueira de Ramuin
6 Sep 2026

Raúl Soto chegará á alcaldía de Nogueira de Ramuin a finais do ano 2026 tras a renuncia de Julio Carlos Temes á fronte deste Concello de 2074 habitantes, situado só a 17 quilómetros da cidade de Ourense. Veciño de Luintra, o novo rexedor chegará a alcaldía con ilusión por mellorar a calidade de vida da súa veciñanza, especialmente dos seus maiores e coa misión de promover novas oportunidades á xuventude.

Podería explicarnos un pouco como comezou na política e como se vinculou ao seu partido?

No ano 1999, fai 27 anos exactamente. Naquel momento o candidato a alcaldía, Jose Eugenio Galindo, nun momento electoral pediume que o acompañase. Eu sempre estiven tirando polo meu pobo, quería organizar todo tipo de actividades ben culturais e deportivas. No ano 2003-2007 tomei a decisión de parar pero, desde o ano 2007 ata hoxe, acompañei a Cesar Parente e Julio Carlos Temes.

Como deu o salto ou recibiu o impulso para ser alcalde?

Estamos nun momento de transición, xa que Temes, por diversos motivos deixa o cargo. É unha persoa que ao final traballou moito por Nogueira de Ramuin. No último ano pediume axuda á hora de asumir o cargo, e aquí estou.

Que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello a nivel persoal?

Supón moitos sacrificios, sobre todo de horas. Eu levo 24 anos de concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes . É un concello moi pequeno e tes que estar sempre pendente. Supón moitos sacrificios, deixas actividades que realizabas antes de lado e perdes moito tempo coa familia.

E beneficios?

Quedar reconfortado a nivel persoal polas cousas que fas. Ao final, cando ves que o esforzo ten recompensa despois de moito traballo e dedicación, é unha sensación moi alentadora.

Como equilibra a vida pública e a privada?

Pois con organización, orde e moitas horas. Eu teño a sorte de contar con concelleiros e técnicos no Concello que me axudan moito e me dan moita liberdade, non teño tanta dependencia a nivel de traballo. En canto á familia, intentas organizarte, e pasar o maior tempo posible na casa con eles ou implicandos nas miñas actividades.

Cales son os seus obxectivos a nivel político?

Ser unha ferramenta útil para a nosa comunidade, axudando a que a nosa veciñanza medre significativamente tanto en calidade de vida como en oportunidades de desenvolvemento e benestar.

E se renova na Alcaldía, cales son as principais actuacións previstas?

Urbanización de vivendas en Luintra. Aldeas mais seguras e amables. Marca Nogueira de Ramuin.

Cales son as principais liñas do seu programa?

A nosa xestión centraranse en potenciar os seguintes puntos claves:

  • Infraestruturas e Servizos Básicos: é prioritario mellorar e modernizar as nosas infraestruturas. Isto é esencial para facilitar o acceso aos servizos básicos e para crear un marco que fomente novas oportunidades de negocio e de vida.
  • Educación e Formación no Rural: fomentaremos a educación e a formación adaptada ás necesidades do noso rural. Buscamos mellorar as habilidades e capacidades da poboación, preparándoa para os retos e cambios do mundo actual.
  •  Desenvolvemento Económico Sostible: promoveremos un desenvolvemento económico sostible e intelixente, baseado na diversificación das actividades produtivas e na xeración de emprego estable e de calidade no Concello.
  • Participación Cidadá Activa: a comunidade debe ser o centro das decisións. Involucraremos activamente á veciñanza na toma de decisións e na implementación dos proxectos de desenvolvemento local.
  • Empoderamento Comunitario: fortaleceremos a capacidade da propia comunidade para xestionar, manter e soster os resultados dos proxectos de desenvolvemento, garantindo a súa continuidade e o seu éxito a longo prazo.

Cales considera que son as principais necesidades do seu municipio?

O principal é intentar frear a perda de poboación, que Nogueira de Ramuin empece a sumar en positivo na parte demográfica, que os nosos maiores teñan a atención de calidade que se merecen pola que loitaron. Neste sentido estou intentando mellorar a atención e o soporte que lles damos a estas persoas, creo que pódese facer mellor. As tecnoloxías avanzaron moito e creo que hai que usalas para saber en todo momento como se atopan os nosos maiores, especialmente os que están sós. Temos que conseguir asentar a xuventude no noso Concello a través de plans de vivienda e traballo estable.

Ten algún/s proxecto/s do que se sinta máis orgulloso?

Marca Nogueira de Ramuin.

Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcalde?

Alguén cercano que loita para un futuro mellor para o noso Concello.

Como é a súa relación coa oposición?

A niña relación coa oposición ten que ser de colaboración reciproca, son parte do meu concello pero con distinta visión, considero que a sua partición vai a ser importante.

EN CLAVE PERSOAL

Idade
53 anos

Estado civil
Casado
Formación
Grao Educación Infantil
Profesión
Funcionario
Se non tivese o seu posto, que lle gustaría ser?
Xestor deportivo
Que quería ser de maior?
Alcalde do meu Concello
Que fai para desconectar?
Ler e xogar ás cartas e o dominó
Unha virtude
Ganas de axudar
Un defecto
Ansiedade
Un consello para compartir
Sé feliz e axuda a que os que te rodean tamén o sexan
Unha afección
Fútbol

Un lugar que visitar
Nogueira de Ramuin
Unha comida
Tortilla de patacas
Unha bebida
Auga
Unha persoa admirada
Meus pais
Unha posesión prezada
A miña muller e meus fillos
Un desexo
Saúde
Algo para esquecer
Tres días moi difíciles a nivel familiar
Que é o que máis valora nunha persoa?
Sinceridade
Un desafío pendente
Que Nogueira de Ramuin sexa un Concello
Onde se ve en cinco anos?
Traballando polo meu Concello

0.31410980224609