A xira de La Reina del Flow reúne a milleiros de persoas no Coliseum da Coruña

O espectáculo levou ao escenario durante dúas horas algúns dos temas máis coñecidos da serie, con música en directo, baile e unha coidada posta en escena
A CORUÑA reina del flow concierto
28 Jun 2026

O Coliseum da Coruña acolleu este sábado, 27 de xuño, unha das paradas da xira oficial de La Reina del Flow, o espectáculo baseado na popular serie colombiana que conseguiu reunir milleiros de seguidores en distintas cidades.

A cita coruñesa congregou numeroso público no recinto, onde durante dúas horas se sucederon cancións, coreografías e momentos vencellados á ficción televisiva. Xa antes do inicio do concerto, nos arredores do Coliseum percibíase un gran ambiente, con moitos asistentes caracterizados para a ocasión e con prendas chamativas, lantexoulas e cores fluorescentes.

Sobre o escenario estiveron algúns dos rostros vinculados á serie e ao proxecto musical, como Carlos Torres, Jay Torres, María José Vargas, Juan Manuel Restrepo, Juan Palau e Kevin Bury, que interpretaron un repertorio de máis de 40 cancións. Entre os temas que soaron figuraron algúns dos máis recoñecidos polos seguidores, como Depredador, Dime lo que sientes, Mala fama, Bombonera ou Vinimos del Debbow.

O espectáculo combinou música en directo, baile e unha escenografía deseñada para trasladar ao escenario parte do universo da serie. O público, formado por persoas de diferentes idades, acompañou boa parte do repertorio cantando e bailando, especialmente nos temas máis populares da ficción.

A parada na Coruña chegou despois do paso do espectáculo polo Galicia Fest e forma parte da xira española de La Reina del Flow, que continuará durante as próximas semanas por outras cidades.

0.30102491378784