A Xunta agradece o labor de Fademur no apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade

Eloína Ingerto destacou o traballo destas entidades que axuda a máis dunha trintena de persoas con iniciativas e programas de atención e acompañamento
reunion-eloina-ingerto-fademur
14 Sep 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, reuniuse coa directiva da Federación de Asociacións e Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para avaliar o programa de apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade co apoio da Xunta. No encontro, destacou que a colaboración co tecido social é fundamental para avanzar en igualdade real de oportunidades e na eliminación de barreiras.

Eloína Ingerto puxo en valor o traballo que desenvolve Fademur a través do seu programa para apoiar e acompañar a mulleres vulnerables no rural, poñendo a súa disposición itinerarios e servizos que axuden a súa independencia e á construción dun proxecto de vida. Neste sentido, salientou que durante o último ano atenderon máis dunha trintena de persoas grazas a unha axuda do Goberno galego para entidades sociais de preto de 32.000 euros.

Neste sentido, a directora xeral recordou que o Goberno galego puxo á disposición das entidades sociais unha orde de axudas específicas que ascende a 1,8 millóns de euros, na que resultou beneficiada Fademur, para impulsar a atención integral das mulleres en situación de vulnerabilidade, entre as que se atopan, entre outras, as vítimas de violencia de xénero, trata ou persoas con discapacidade.

0.3279881477356