A Xunta anuncia agora 1,4 millóns para ampliar o colexio de Carral tras meses de reclamacións da comunidade educativa

A Xunta de Galicia anunciou este xoves un investimento de case 1,4 millóns de euros para ampliar o CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, cun proxecto que contempla a creación de seis novas aulas, a reorganización dos comedores e a construción dun novo patio de xogos.
O anuncio chega despois de meses nos que a comunidade educativa reclamou máis espazos e recursos para un centro que está a afrontar un incremento da matrícula. De feito, en marzo xa se cuestionaba a falta de avances dunha actuación que figuraba nas previsións da Xunta para 2026 cunha partida de 800.000 euros, sen que daquela existise un calendario pechado para a súa redacción, licitación e execución.
A situación continuou evolucionando nos meses seguintes. En abril, o Concello de Carral, a dirección territorial de Educación e representantes da comunidade educativa mantiveron unha reunión no propio centro para analizar diferentes alternativas ante o aumento do alumnado y la necesidad de ganar espacio. Entre as posibilidades estaba aprovechar las antiguas viviendas del profesorado para reorganizar espacios y crear nuevas aulas.
Agora, o proxecto presentado pola Xunta contempla construír unha nova planta sobre o comedor, na que se habilitarán catro aulas de Primaria. Na planta baixa ampliarase unha aula de Infantil e crearanse outras dúas, mentres que os dous comedores actuais se unificarán para liberar un deles e destinalo a aula de psicomotricidade. Tamén se habilitará un novo patio de xogos.
O proxecto inclúe ademais a ampliación dos ventanais das aulas de Infantil da zona noroeste para mellorar a iluminación e ventilación, a adaptación dos aseos da planta baixa e unha nova distribución da zona destinada ao profesorado.
A licitación queda para 2027
A principal incógnita agora está nos prazos. A Xunta asegura que a previsión é licitar as obras no primeiro trimestre de 2027 e iniciar os traballos arredor do mes de xuño.
Isto supón que, pese a que a ampliación aparecía xa nas previsións orzamentarias de 2026, a actuación non chegará á fase de licitación ata o próximo ano. A propia evolución do proxecto mostra que durante 2026 foi necesario continuar estudando as necesidades do centro e definir a solución definitiva.
O anuncio chega tras as protestas pola falta de persoal
A ampliación das instalacións non é a única reivindicación que nos últimos meses puxo o foco sobre o Vicente Otero Valcárcel. Durante o inicio do curso 2025/26, as familias protagonizaron varias mobilizacións para denunciar a falta de persoal de apoio e reclamar máis recursos para atender o alumnado con necesidades educativas especiais.
Entre as demandas figuraban máis especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, así como persoal coidador. As familias denunciaron que o centro, con arredor de 450 alumnos, comezaba o curso con menos recursos de apoio que no ano anterior.
Meses despois, a Xunta anunciou un reforzo da atención á diversidade no centro, cun especialista de Pedagoxía Terapéutica e outro de Audición e Linguaxe, ademais dun segundo especialista de Pedagoxía Terapéutica compartido con outro colexio. Tamén se comunicou un incremento do persoal coidador.
Un centro que leva tempo pedindo máis espazo
O aumento do alumnado converteuse nun dos principais argumentos para reclamar a ampliación. En abril, a comunidade educativa xa advertía de que as previsións apuntaban a que o centro podería converterse nun colexio de tres liñas nun futuro próximo, polo que se reclamaba unha solución estable e non unha actuación provisional.
O novo proxecto pretende responder a esa situación coa creación de seis aulas e unha reorganización xeral dos espazos. A cuestión agora será comprobar se os prazos anunciados se cumpren e se a licitación chega finalmente a principios de 2027, despois dun ano no que a ampliación pasou de contar cunha previsión inicial de 800.000 euros para 2026 a un proxecto anunciado agora por case 1,4 millóns.