A Xunta patrocina con FEST Galicia catro festivais musicais clave no verán galego

A Xunta apoia con 270.000 euros os festivais Rompetiño, 17º Ribeira Sacra, Sinsal e SonRías Baixas a través da marca FEST Galicia, promovendo un modelo baseado na calidade, a sustentabilidade e a presenza de artistas galegos.
Festivales Galiia
24 Jun 2025

A Xunta acaba de resolver a adxudicación de 270.000 euros para o patrocinio dos festivais Rompetiño, Sinsal, 17º Ribeira Sacra e SonRías Baixas. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asinou os contratos cos responsables destes eventos, que se integran un ano máis na marca FEST Galicia.

Este selo busca consolidar Galicia como destino musical de calidade e sostible, ao tempo que promove a contratación de artistas galegos e a descentralización da oferta cultural. Os catro festivais desenvolveranse no mes de xullo: Rompetiño Jump en Porto do Son (4 ao 6), 17º Ribeira Sacra (18 ao 20), Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón (25 ao 27) e SonRías Baixas en Bueu (31 de xullo ao 3 de agosto).

Cada un deles contará cun mínimo de catro actuacións de artistas galegos, requisito imprescindible para formar parte da marca. A contía do patrocinio varía entre os 30.000 e os 80.000 euros en función da súa traxectoria e nivel de adhesión á marca.

FEST Galicia complementa outras liñas de apoio do Goberno galego á música como os Concertos do Xacobeo.gal ou as subvencións á contratación de grupos galegos noutros festivais. Este ano, outros cinco eventos recibiron 50.000 euros mediante estas axudas: Ateneo Barroco, Beatout Fest, Encordass Fiddle Fest, Murallón de Son e The Wild Fest.

⚙ Configurar cookies
0.26306414604187