A Xunta salienta a importancia dos servicios dados aos concellos en ciberseguridade

Procesa diariamente cerca de 600 millóns de eventos informáticos de entidades locais para garantir a súa seguridade e detectou en 2025 máis de 4.300 incidentes
trabajo_internet_ordenador_recurso
4 Nov 2026

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, destacou hoxe a importancia dos servizos de ciberseguridade que a Xunta de Galicia presta a deputacións e concellos, que en 2025 lograron detectar máis de 4.300 incidentes.

Rey inaugurou esta mañá a primeira xornada da sexta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que ata o venres reunirá no auditorio do edificio Fontán da Cidade da Cultura a cerca de medio centenar de expertos. Por primeira vez, o Encontro esgotou todas as prazas de asistencia presencial durante as tres xornadas.

O director da Amtega advertiu que as Administracións públicas son o sector máis exposto aos ciberataques, de acordo cos datos da Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA), que sinala que un de cada tres incidentes que analizou en 2025 foron en entidades públicas. Destes ataques, o 33 % foron en concellos. Damián Rey destacou que “a Xunta dedica unha parte importante dos seus esforzos en ciberseguridade a dar servizo a concellos e deputacións”. Estes servizos reforzan directamente a seguridade das catro deputacións e dos 23 concellos de máis de 20.000 habitantes. Ademais, outros 100 concellos benefícianse destas prestacións a través das deputación provinciais.

Estes esforzos, subliñou Damián Rey, “deberán ser reforzados nos próximos anos para asumir retos como o da universalización da Administración dixital, que é xa case unha realidade en Galicia” ou coa posta en marcha de servizos proactivos ou a creación de espazos de datos como o Nodo de Información Cidadá, que obrigan “a sermos máis esixentes cos mecanismos de protección das persoas e a súa información persoal”.

A primeira xornada do Encontro CIBER.gal estivo dedicada ás Administracións públicas. A xornada de mañá dedicarase á ciberseguridade nas empresas e a do venres á protección e concienciación da cidadanía, con iniciativas como a final do concurso infantil Ciberseguridade no cole!.

0.39502692222595