Abren as inscricións para o Campionato Galego de Pickleball

Xa está aberto o prazo para participar no Campionato Galego de Pickleball, que se disputará os días 12 e 13 de setembro nas instalacións do Círculo Mercantil de Vigo. A competición será a quinta cita incluída no calendario do ZCEBRA LINTEL Tour26.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o próximo 6 de setembro, data límite establecida para anotarse no torneo.