Adega organiza un roteiro pola Serra de Cova da Serpe

Este domingo 21 de novembro, no programa deroteiros As nosas sagradas montañas, Adega fará un roteiro pola Serra da Cova da Serpe.
roteiro adega cova da serpe portada
17 Nov 2021

Este domingo 21 de novembro, continuando co programa de roteiros As nosas sagradas montañas, Adega organiza unha pola Serra da Cova da Serpe, para coñecer algunhas das lendas que orixinou a cova, situada na confluencia dos Concellos de Friol, Guitiriz e Sobrado, e que estivo a piques de desaparecer "coa dinamita eólica".

Comezará no Camiño de Santiago Norte, preto da aldea A Pena Branca, dende onde se subirá ao alto para acadar as pistas forestais e dos parque eólicos, paralelas á liña dos cumios da Serra da Cova da Serpe ata chegar ata a Cova, orixe de moitas lendas.

Seguirán o trazado das pistas, ata dar coas aldeas da contorna da parroquia das Negradas, val que se pecha entre os montes desta parte da Serra. Collerán novamente o Camiño Norte, e outra vez a estrada que os levou ata Pena Branca, pero agora preto de Mariz, pasando polo Vilar.

A dificultade desta andaina e media/baixa, tendo en conta que a primeira subida, dende A Pena Branca e o cumio da serra ten unha forte pendente (coincidindo co paso do Camiño de Lugo á Coruña).

Esta ruta é un exemplo da paisaxe rural da Dorsal galega, na contorna da Serra do Cordal de Montouto, Serra da Loba, da Chaira, Guitiriz, a Braña do Boedo (unha das maiores brañas da Península e totalmente descoñecida). Tamén poderase observar Paporroibo, Miñato, Pombo, acivros, carballos, castiñeiros e bidueiros.

O guía aconsella levar chaleco, botas ou calzado forte, bastón, mochila, chuvasqueiro, roupa de abrigo e repouso, auga e comida (xa que haberá xantar polo medio da ruta).

Esta actividade pode ser axeitada para rapazas e rapaces de máis de 10 anos con experiencia en sendeirismo. A distancia aproximada é de 9-12 quilómettros.

Este roteiro faise en colaboración cos colectivos Xermolos e Lareira de Soños.

Para participar no roteiro é necesario inscribirse antes do venres 19 de novembro a través do formulario https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/, cubriranse as prazas por orde de inscrición. Toda a información na bitácora dos roteiros https://roteirosadegalugo.wordpress.com/ e www.adega.gal ou chamando ao 982240299.

roteiro adega cova da serpe
0.14810109138489